29 nov 2024

O rato de ciencia


Estades todas e todos invitadas/os! Inauguramos un novo recuncho na biblioteca! Un espazo de ciencia centrado no proxecto anual de centro sobre o universo pero tamén focalizado na literatura e na educación STEAM.

Dispoñemos de varios materiais de xogo e aprendizaxe: diversos legos, quebracabezas con temática espacial, microscopio, elementos de trasvase, báscula, telescopio, proxectores, globo terráqueo...

 


  
 


 
 


22 nov 2024

De quen é a lúa chea?

Compartimos aquí, en formato podcast, a historia gañadora do concurso de relatos de medo. A voz é da autora da historia, Suhaila de 6º. Esperamos que vos guste!



13 nov 2024

Mes da ciencia en galego

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incentivan a celebración do mes de novembro como o mes da ciencia en galego nas bibliotecas públicas e escolares. Premede na imaxe para acceder a unha recompilación de materiais de ciencia en galego.

 

Nós non podiamos ser menos e temos preparadas varias novidades para as vindeiras semanas. Polo momento, deixámosvos as novas adquisicións. Animádevos a consultalas na biblioteca.



6 nov 2024

O conto da Santa Compaña

A continuación compartimos un conto de Samaín en formato podcast. Os relatores son Dani e Carmen de 3º e Leire de 4º. (Premede na imaxe para acceder)

 Moitas grazas pola vosa axuda!

Lembrade que na barra lateral dereita poderedes escoitar, ao longo do curso, máis podcast do alumnado do centro.