23 feb 2026

Representación teatral do club de lectura

O alumnado do club de lectura entrégase ao máximo á causa. Regaláronnos unha representación con monicreques artellada arredor do libro que leron neste primeiro trimestre: Formigas misión Samaín.

A lectura deste libro, do autor Pere Tobaruela, foi todo un éxito. 

Aquí compartimos algunas imaxes da representación e o vídeo da mesma. Seguro que vos gusta tanto coma aos nenos/as que a desfrutaron en directo.

 










 Premede na imaxe para acceder ao vídeo:


 

 

Refraneiro popular realizado coa colaboración das familias e do alumnado

Como ben sabedes, este ano estamos desenvolvendo o noso  PAC sobre o "Ano Internacional da Muller Agricultora". Así, pedimos a axuda das familias para elaborar unha compilación de refráns e ditos sobre o tema. Deixámosvos o resultado a continuación.