27 mar 2026

Voces do rural

Esta actividade proposta polo equipo de biblioteca consistiu na invitación ás aulas de avoas/ós ou bisavoas/vós para contarlles ao alumnado como era a vida cando eles eran pequenos.

 Como eran os invernos?

Que se facía na casa nos días de frío?

Que lembranza che vén á memoria do inverno no rural? 

Había contos, lendas ou costumes propios do inverno?

Esta era a idea inicial da conversa aínda que derivou nalgún caso noutro tipo de reflexións.

Educación infantil:

1º ciclo de primaria:





2ºciclo de primaria:
 
 





3º ciclo de primaria:

23 mar 2026

Novidades desta semana

Entre as novidades desta semana libros de consulta variados, moitos deles relacionados con mundo natural.

Animádevos a consultalos! 


Gran apertura da biblioteca!

 

Despois de meses de duro traballo de recatalogación de todos os fondos e de reorganización  dos mesmos entre a biblioteca e a aula multidisciplinar, podemos dicir que agora sí, abrimos a biblioteca.

Para celebralo, esta semana os membros do equipo levarán a cabo sesións de contacontos para todo o alumnado nos dous espazos.

Esperamos que os desfrutedes!

 


 

17 mar 2026

Día do Cómic e do Tebeo

 Hoxe, 17 de marzo, celébrase o Día do comic en do Tebeo coa finalidade de recoñecer o valor destes e o peso da súa historia no contexto actual. A súa diversidade, creatividade e caliadade convírtenos nun  referente bibliográfico nas bibliotecas.


 

A autora do cartel que recorda este día é Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025. 

O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, presentou o ano pasado unha publicación para celebrar esta data: Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas.

16 mar 2026

O amencer da humanidade

 No pasado mes de febreiro temos no noso centro a exposición “O amencer da humanidade”, un proxecto expositivo realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

Ao longo destes días, o alumnado está a gozar enormemente da experiencia. A través dun percorrido visual e didáctico, están descubrindo datos curiosos sobre a orixe da humanidade, comprendendo mellor como vivían os nosos devanceiros e como foi evolucionando a nosa especie ao longo do tempo.

A exposición está a espertar a súa curiosidade, fomentando preguntas, reflexións e conversas moi enriquecedoras na aula.

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que poidades achegarvos un pouco a esta experiencia tan interesante e especial.





 

Rosalía e a horta das palabras

Como sabedes, este curso estamos a desenvolver o proxecto anual de centro arredor da muller agricultora, quixemos celebrar o Día de Rosalía dun xeito moi especial, conectando a súa figura co traballo da terra e coa forza das palabras

Da colaboración co EDLG naceu a actividade “Rosalía e a horta das palabras”.

Cada ciclo elaborou un mural no que convertimos os corredores nunha pequena horta simbólica. Nela, en lugar de leitugas ou tomates, medraban versos. En cada hortaliza “plantada” podíase ler un poema de Rosalía, palabras que seguen vivas e fértiles, capaces de emocionar e facer reflexionar xeración tras xeración.

A través desta proposta, o alumnado achegouse á figura de Rosalía de Castro dun xeito creativo e significativo, descubrindo que a literatura tamén se cultiva: precisa coidado, tempo e agarimo, igual ca a terra.

A actividade permitiunos:

  • Relacionar a tradición literaria galega co noso proxecto anual.

  • Poñer en valor o papel das mulleres, tanto no ámbito agrícola como no cultural.

  • Fomentar o gusto pola lectura e pola lingua galega.

  • Traballar de maneira cooperativa e artística.

Compartimos a continuación algunhas imaxes dos murais elaborados polos diferentes ciclos, exemplo do traballo, da ilusión e da sensibilidade do noso alumnado.

 





8 mar 2026

8 de Marzo

 Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller. Desde o Equipo de Biblioteca, invitamos ao alumnado e ao profesorado a coñecer os diferentes exemplares cos que dispoñemos na biblioteca para abordar este tema nas aulas. 


 

2 mar 2026

Visita do escritor Pere Tobaruela

A pasada sermana tivemos a sorte de que nos visitase o autor Pere Tobaruela no noso club de lectura. Formigas: misión Samaín, foi o primeiro libro escollido para ler no club.

O autor contounos a súa historia profesional. Expllicounos que ten publicadas numerosas obras tanto para adultos (narrativa, ensaio e banda deseñada)  como para público infantil e xuvenil.

Explicounos o  motivo polo que decidiu que a serie de libros "Formigas" tivese como protagonistas a insectos. As primeiras obras de esta serie ambientabanse en diferentes cidades (París, Tokyo, Nova York, Barcelona...). Na que foi obxecto de lectura do club,  aclarou que decidiu  incluír temas da cultura galega, o Samaín. Noutras obras da mesma serie aborda tradicións coma o Entroido, o Camiño de Santiago, fálanos de Rosalía de Castro...).

Despois respondeu ás preguntas dos membros do club e visionamos a obra de títeres feita polo alumnado.

Todo un pracer aprender deste escritor. Seguiremos lendo a súa obra.