25 jun 2026

Receitas de tempada

Dentro do Proxecto Anual de Centro desenvolvimos esta actividade de compilación de receitas de tempada. Contamos coa colaboración das familias. Grazas pola axuda.

Deixamos un resumo no podcast do cole. Que vos guste!

 

15 jun 2026

Moitas grazas aos axudantes da biblioteca!

O Equipo de Biblioteca quere agradecer a axuda das voluntarias e voluntarios que este curso quixeron botar unha man na biblioteca.  A súa labor resulta moi importante para o mellor funcionamento destes espazos no momento de recreo.

Por iso tivemos un detalliño para todos vós. Parabéns polo voso compromiso e traballo.


 

As familias de infantil veñen contarnos un conto.

 No mes de maio, no que se celebra o Día da Familia, que mellor actividade que invitar a nais, pais, avós ou tíos a que lles conten un conto aos pequenos e pequenas. A actividade desenvolveuse ao longo de todo o mes e resultou todo un éxito, desfrutou o alumnado e tamén os familiares podendo compartir este ratiño de lectura. Repetiremos!

Como exemplo, deixamos as fotografías de dúas familias asistentes: unha en 4ºA de infantil  e outra e 6ºA. 



 

9 jun 2026

Recomendacións para ler este verán

 Un ano máis compartimos a nosas suxestións para ler este verán. A gozalas!

8 jun 2026

A lectura do noso Club no terceiro trimestre

Este terceiro trimestre a lectura foi moi especial xa que veu acompañada, ao seu remate, dunha visita á aula hospitalaria do CHUAC da Coruña.

 o corazón da maxia-xavier estevez ferreiro-9788499148199

O libro escollido foi " O corazón da maxia" de Xavier Estévez. Narra a historia de Laura, unha rapaza de 12 anos que está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Cando mellora un chisquiño, tenta ser feliz visitando os outros nenos da planta e facendo incursións por outras dependencias do hospital co seu pano de pirata. 

A pesar da dureza da obra,  resulta necesario traballar co alumnado a empatía, o descubrimento da realidade doutros nenos e nenas que,  aínda sendo diferente á súa, comparten ilusións e soños  semellantes.

Na visita compartimos momentos de xogo e conversas moi especiais. Deixamos a nosa pegada cos nosos debuxos e recibimos un fermoso agasallo. Grazas por compartir con nós este tempo tan especial.

Queremos agradecer especificamente a labor de Camino, a mestra da Aula Hospitalaria do CHUAC, pola súa implicación nesta actividade. Parabéns polo teu impresionante traballo!

Desexamos aos nenos/as hospitalizados moita forza para mellorarse! 










 

 

 


 

O noso refraneiro popular nas ondas

 Animádevos a escoitar a compilación de refráns feita grazas á colaboración das familias.

11 may 2026

Día das letras galegas 2026

O vindeiro domingo, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a Begoña Caamaño Rascado que foi unha periodista, escritora, feminista e activista política.

Foi autora de diversas obras de narrativa en galego entre as que destacan dúas obras de ficción: Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012). Con esta última obra recibiu varios premios literarios entre os que se atopan o da Crítica de narrativa galega, que entrega a Asociación Española de Críticos Literarios, o Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2013, e o premio Ánxel Casal e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 


 
Este ano o EDLG organizou o festival das Letras Galegas (Xabarín Fest) arredor do "Xabarín Club" e no que se lle fará un pequeno homenaxe a esta autora. 
 
Deixámosvos máis información desta autora no documental da Real Academia Galega, dirixido por Damián Varela e Alba López .