19 nov 2023

Mochilas viaxeiras

Xa están de volta as mochilas viaxeiras. Todo un exitoso clásico da nosa biblioteca.

 
Como cada ano, alumnado, profesorado e familias implícanse na animación á lectura a través desta actividade plantexada dende a biblioteca do cole.

Cada semana un neno ou unha nena desfrutará desta mochila que levará á súa casa durante 7 días.

As mochilas conteñen: dous contos (un en galego e outro en castelán), unha revista e un xogo de mesa.  Ademais, inclúese un caderno no que poderemos rexistrar a nosa opinión sobre o conto, explicar con quen o limos, facer un debuxo, engadir unha foto, suxerir algo...

Sen lugar a dúbidas será unha actividade moi positiva e un bo recordo ao final de curso.




5 nov 2023

Comezo do voluntariado na biblioteca

Este luns,  6 de novembro, o alumnado voluntario colabora nas labores de empréstito da biblioteca.

Moitas grazas pola vosa axuda!