11 may 2026

Día das letras galegas 2026

O vindeiro domingo, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a Begoña Caamaño Rascado que foi unha periodista, escritora, feminista e activista política.

Foi autora de diversas obras de narrativa en galego entre as que destacan dúas obras de ficción: Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012). Con esta última obra recibiu varios premios literarios entre os que se atopan o da Crítica de narrativa galega, que entrega a Asociación Española de Críticos Literarios, o Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2013, e o premio Ánxel Casal e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 


 
Este ano o EDLG organizou o festival das Letras Galegas (Xabarín Fest) arredor do "Xabarín Club" e no que se lle fará un pequeno homenaxe a esta autora. 
 
Deixámosvos máis información desta autora no documental da Real Academia Galega, dirixido por Damián Varela e Alba López .
 

 

 

 

7 may 2026

Receitas do rural

 Dentro do noso Proxecto Anual de Centro pedimos ás familias a vosa colaboración na compilación de receitas do rural. Deixámosvos as instrucións e a información no cartel de abaixo. Grazas pola vosa participación!