Dentro do Proxecto Anual de Centro desenvolvimos esta actividade de compilación de receitas de tempada. Contamos coa colaboración das familias. Grazas pola axuda.
Deixamos un resumo no podcast do cole. Que vos guste!
Dentro do Proxecto Anual de Centro desenvolvimos esta actividade de compilación de receitas de tempada. Contamos coa colaboración das familias. Grazas pola axuda.
Deixamos un resumo no podcast do cole. Que vos guste!
O Equipo de Biblioteca quere agradecer a axuda das voluntarias e voluntarios que este curso quixeron botar unha man na biblioteca. A súa labor resulta moi importante para o mellor funcionamento destes espazos no momento de recreo.
Por iso tivemos un detalliño para todos vós. Parabéns polo voso compromiso e traballo.
No mes de maio, no que se celebra o Día da Familia, que mellor actividade que invitar a nais, pais, avós ou tíos a que lles conten un conto aos pequenos e pequenas. A actividade desenvolveuse ao longo de todo o mes e resultou todo un éxito, desfrutou o alumnado e tamén os familiares podendo compartir este ratiño de lectura. Repetiremos!
Como exemplo, deixamos as fotografías de dúas familias asistentes: unha en 4ºA de infantil e outra e 6ºA.
Un ano máis compartimos a nosas suxestións para ler este verán. A gozalas!
Este terceiro trimestre a lectura foi moi especial xa que veu acompañada, ao seu remate, dunha visita á aula hospitalaria do CHUAC da Coruña.

O libro escollido foi " O corazón da maxia" de Xavier Estévez. Narra a historia de Laura, unha rapaza de 12 anos que está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Cando mellora un chisquiño, tenta ser feliz visitando os outros nenos da planta e facendo incursións por outras dependencias do hospital co seu pano de pirata.
A pesar da dureza da obra, resulta necesario traballar co alumnado a empatía, o descubrimento da realidade doutros nenos e nenas que, aínda sendo diferente á súa, comparten ilusións e soños semellantes.
Na visita compartimos momentos de xogo e conversas moi especiais. Deixamos a nosa pegada cos nosos debuxos e recibimos un fermoso agasallo. Grazas por compartir con nós este tempo tan especial.
Queremos agradecer especificamente a labor de Camino, a mestra da Aula Hospitalaria do CHUAC, pola súa implicación nesta actividade. Parabéns polo teu impresionante traballo!
Desexamos aos nenos/as hospitalizados moita forza para mellorarse!
Animádevos a escoitar a compilación de refráns feita grazas á colaboración das familias.