27 abr 2026

Lecturas compartidas pola semana do libro

 Como xa comentamos nunha entrada anterior na semana do libro organizamos dúas actividades: a adopción de libros procedentes do expurgo e as lecturas compartidas, nas que uns cursos contan contos a outros.

Resultou unha proposta moi positiva para o alumnado. A continuación deixamos algunha das imaxes destes contacontos.

 1º de primaria conta a 4º de infantil


 
 
 
 









2º de primaria  conta contos a 5º de infantil
 
 


 
 
4ºC de primaria conta un conto a 1º de primaria

 
 
 
 
 
5ºC de primaria conta un conto a 2ºC de primaria
 


 





22 abr 2026

Día do Libro 2026

 Cada 23 de abril celébrase o Día do Libro. Esta data fixouna a UNESCO no 1995 xa que arredor dela faleceron importantes autores da literatura universal como Miguel de Cervantes, William Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.

Este ano organizamos unhas "lecturas compartidas". O xoves 23 de abril, o alumando voluntario de 4º, 5º, 6º de Primaria fará unha lectura ou representación dun conto ao alumando de 1º, 2º e 3º na hora de ler.

O venres 24 de abril, o alumnado voluntario de 1º, 2º e 3º de Primaria fará o mesmo con alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil. 

 




21 abr 2026

Adopta un libro 2026

O curso pasado resultou todo un éxito a adopción de libros expurgados da biblioteca. Este ano, na semana do Día do Libro, repetimos a experiencia agardando a que resulte igual de exitosa. Que os desfrutedes!

 





 

20 abr 2026

As novidades da semana

 Esta semana trae novidades a moreas: libros de consulta (sobre prantas, corpo, experimentos, océanos...), biografía da autora á que se lle adican este ano as Letras Galegas, Begoña Caamaño, contos relacionados coa época da sembra, etc. Así que xa sabedes, a ler sen parar!



 

13 abr 2026

Homenaxe ás mulleres agricultoras

Como este ano o noso Proxecto Anual de Centro versa sobre o Ano Internacional da Muller Agricultora, decidimos facerlles un homenaxe a algunha delas. 

Cada nivel educativo escolleu unha muller labrega para buscar información sobre ela, a súa lugar de orixe, a súa formación, a súa actividade actual, que produce... Conmemoramos así non só o Día da Muller senón que foi a motivación para a abordaxe da Semana da Prensa no centro.

Algunhas das homenaxeadas foron: Nuska Chousa, Laura Vallejo, Lucía Freites, Marta Álvarez Quintero

A continuación deixamos algúns dos traballos realizados polo alumnado.

 

 
 
 
 
 
 








 

  

Contacontos pola apertura da biblioteca

 Como xa anunciamos, os membros do equipo de biblioteca realizaron uns contacontos para inaugurar a reapertura da biblioteca. 

Deixamos algunhas fotografías dalgúns deste momentos.

.