22 abr 2026

Día do Libro 2026

 Cada 23 de abril celébrase o Día do Libro. Esta data fixouna a UNESCO no 1995 xa que arredor dela faleceron importantes autores da literatura universal como Miguel de Cervantes, William Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.

Este ano organizamos unhas "lecturas compartidas". O xoves 23 de abril, o alumando voluntario de 4º, 5º, 6º de Primaria fará unha lectura ou representación dun conto ao alumando de 1º, 2º e 3º na hora de ler.

O venres 24 de abril, o alumnado voluntario de 1º, 2º e 3º de Primaria fará o mesmo con alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil.