A pasada sermana tivemos a sorte de que nos visitase o autor Pere Tobaruela no noso club de lectura. Formigas: misión Samaín, foi o primeiro libro escollido para ler no club.
O autor contounos a súa historia profesional. Expllicounos que ten publicadas numerosas obras tanto para adultos (narrativa, ensaio e banda deseñada) como para público infantil e xuvenil.
Explicounos o motivo polo que decidiu que a serie de libros "Formigas" tivese como protagonistas a insectos. As primeiras obras de esta serie ambientabanse en diferentes cidades (París, Tokyo, Nova York, Barcelona...). Na que foi obxecto de lectura do club, aclarou que decidiu incluír temas da cultura galega, o Samaín. Noutras obras da mesma serie aborda tradicións coma o Entroido, o Camiño de Santiago, fálanos de Rosalía de Castro...).
Despois respondeu ás preguntas dos membros do club e visionamos a obra de títeres feita polo alumnado.
Todo un pracer aprender deste escritor. Seguiremos lendo a súa obra.
