19 dic 2024

Fallo do concurso de historias de Nadal

 O xurado do concurso de relatos de Nadal decidiu que as historias gañadoras son as seguintes:

1º Ciclo: "A estrela dos reis magos" de Ariana

2º Ciclo: "A estrela do Nadal" de María.




 3º Ciclo:  "As nenas viaxeiras" de  Elia




Parabéns ás gañadoras e grazas a todos/as por participar.

 

 


18 dic 2024

Participantes no concurso de historias de Nadal 2024!

 Grazas a todo o alumnado participante no concurso de historias de Nadal. Animámosvos a ler e escribir moito! Todas/os teredes un detalliño como agasallo pola vosa participación. Pronto anunciaremos os titulos e autores dos relatos gañadores. Os participantes foron os seguintes:




16 dic 2024

Chegou o Nadal á nosa biblioteca!

Xa hai uns días que chegou o Nadal á nosa biblioteca. Pero non só ambientamos o espazo para estas datas senón que tamén seleccionamos unha serie de contos para animar ao alumnado a que lea estas semanas.

Ademais convocamos un concurso de contos de Nadal dirixido á educación primaria. Animádevos a participar!

 









 

13 dic 2024

Recomendacións lectoras de Nadal

Chegou a temporada de Nadal e con ela as nosas recomendacións lectoras. Estas datas son ideais para agasallar cun libro, ler en familia e visitar a biblioteca máis próxima a nós. 

Desde o equipo de biblioteca deixámosvos as nosas propostas. Desexamos que vos gusten!