24 ene 2025

Primeira reunión do club de lectura

 O pasado mes de setembro tivemos a reunión do club de lectura. A maioría de nós, non tiñamos experiencia en ningún club pero a experiencia foi moi interesante.

A coordinadora plantexou diferentes dinámicas para que todas/os poidesemos participar e aportar a nosa opinión sobre o libro. Ademais tivemos unha merenda para acompañar a conversa.

Resultou unha actividade moi positiva non só desde un punto de vista literario senón tamén como vehículo de conexión e aprendizaxe entre o profesorado.

Estamos desexando que chegue a segunda xuntanza.


22 ene 2025

Calendario científico escolar 2025

Compartimos por aquí este calendario científico escolar que é o resultado dunha iniciativa promovida polo CSIC e polo (Consejo Superior de Investigacciones Científicas) e o IGM (Instituto de Ganadería de Montaña) en colaboración coa Universidade de León (HUELE). Este proxecto busca achegar a cultura científica ao alumnado de educación primaria e secundaria mediante a presentación diaria de efemérides relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía.

Complementando o calendario, ofrécese unha guía didáctica con actividades adaptadas aos diferentes niveis educativos, fomentando unha aprendizaxe transversal e inclusiva.


20 ene 2025

Podcast sobre o espazo

Deixámosvos este interesante podcast sobre o tema do noso proxecto anual de centro.


17 ene 2025

Horario do voluntariado da bilioteca no 2º trimestre

 Ao longo deste trimestre contaremos coa colaboración de alumnado de 5º e 6º na hora do recreo para facilitar o empréstito.  Esperamos que desfrutedes coa experiencia. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 



13 ene 2025

Certame literario homenaxe a Rosalía de Castro

 A biblioteca "Henrique Rabuñal" de Arteixo convoca un certame literario homenaxe a Rosalía de Castro.

Pode participar o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. Tedes toda a información no cartel de abaixo.