25 abr 2025

Madriñas e padriños lectores

Pola semana do libro nada mellor que alguén che veña a contar un conto. Como xa informamos, estes días andivemos contando contos por todo o cole. A actividade, como todos os anos, funcionou xenial. O alumnado escoita máis atento ca nunca, coñece a compañeiros/as novos e os relatores disfrutan co momento de tranquilidade e de pausa. 

Todo isto foi posible grazas á colaboración do alumnado voluntario de 6º, 5º, 4º e 3º e ao profesorado implicado así que, grazas a todos e todas vós.











 

Adopta un libro

Na semana do libro inauguramos a iniciativa "adopta un libro" na que o alumnado escolle un libro para levar á súa casa. Estes exemplares proceden do expurgo da nosa biblioteca ou de donacións diversas.

Fixémolo por primeira vez e resultou todo un éxito así que repetiremos.





 

23 abr 2025

Curiosidades sobre os libros

Compartimos aquí un interesante reel de Leonor Lavado sobre os libros. De onde ven a palabra libro? Cales con os libros máis vendidos? Cal foi o primeiro libro?

Premede na imaxe para acceder ao vídeo.


Día do libro 2025

Cada 23 de abril celébrase o Día do Libro. Esta data fixouna a UNESCO no 1995 xa que arredor dela faleceron importantes autores da literatura universal como Miguel de Cervantes, William Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.

No cole, entre outras actividades, desenvolveremos os "apadriñamentos lectores" nos que un alumno/a voluntario/a le un conto ao alumnado de cursos inferiores. Este ano o alumnado lector será o de 6º, 5º, 4º e 3º de primaria.