30 oct 2024
29 oct 2024
Participantes no concurso de historias de medo
A convocatoria do concurso de relatos de medo resultou todo un éxito. O xurado xa escolleu a que será a historia gañadora. Nos próximos días comunicaremos o fallo.
Moitas grazas a todas/os pola participación e animámosvos a seguir escribindo e lendo moito.
Concurso de relatos polo Samaín
Desde a biblioteca do centro convocamos un concurso de relatos. O alumnado do terceiro ciclo puido participar nun concurso de historias de medo relacionadas coa lúa chea. Cal será a historia máis arrepiante?
28 oct 2024
Horario do alumnado colaborador coa biblioteca
Este ano tamén contamos coa colaboración de alumnado de 5º e 6º para o empréstito nas horas do recreo. Moitas grazas pola vosa axuda!
25 oct 2024
Inauguramos o club de lectura do profesorado
A semana pasada inauguramos o Club de lectura entre o profesorado. Está formado por 15 mestras e mestres do CEIP de Arteixo e contamos coa colaboración da biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo.
Leremos un libro cada trimestre e realizaremos ao final do mesmo unha posta en común na tarde dos luns. Para comezar o trimestre escollemos unha novela de suspense e misterio en castelán: "El libro negro de las horas" de Eva Gª Sáez de Urturi.
As lecturas serán variadas en canto a temática e a xéneros literarios.
Ademais, procuraremos facer unha reunión anual cos membros do club de lectura do CEIP de Galán, a EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís-Oseiro.
Desexamos que desfrutedes moito coa lectura e a conversa posterior!
24 oct 2024
Día das bibliotecas escolares
Como xa mencionamos anteriormente, hoxe é o día das bibliotecas escolares. Así que, esta semana presentamos a nosa biblio ao alumnado máis pequeno de primaria e ao alumnado de infantil.
Pelusiño, foi o encargado de contarnos como organizamos e clasificamos os fondos da biblioteca.
Grazas por vir á visitarnos!
22 oct 2024
Pelusiño preséntanos a nosa biblioteca
Un ano máis Pelusiño ensina, sobre todo aos máis pequenos, como é a nosa biblio. Aprenderán como están clasificados os exemplares en función das diferentes etapas educativas (azul, vermella, verde e amarela) ou libros de consulta (etiqueta branca)... Tamén aprenderemos como están ordeados. Os de etiqueta azul (infantil) agrúpanse en diferentes cestas que teñen un número asignado en función da temática que abordan (animais, números e conceptos, conmemoracións, música, emocións, fantasía... No caso dos da etapa de primaria deberemos fixarnos na cor, e na inicial do apelido do autor/a para saber en que letra colocalo.
Aproveitamos que esta semana é o día das bibliotecas escolares para coñecer máis a nosa biblio polo miúdo.
21 oct 2024
11 oct 2024
Semana mundial do espazo
Como sabedes, este ano o noso proxecto versa sobre o universo. Esta semana foi especial para nós xa que foi a "semana universal do espazo". Adicamos as novidades da biblioteca a este tema.
Se queredes máis información sobre este tema, premede non seguintes enlaces:
https://www.un.org/es/observances/world-space-week
https://www.worldspaceweek.org/about/introduction-spanish/
https://www.youtube.com/watch?v=ZpOkUOVlvfY&ab_channel=iigercc_unicach
4 oct 2024
Info do universo
Se o que desexas e ler diversas informacións sobre o universo, aquí atoparás un pouquiño de todo. Recorda que na pestana accederás facilmente á información.
- WEB DA NASA
- 10 CURIOSIDADES SOBRE O SISTEMA SOLAR
- O COMETA DO SÉCULO FARASE VISIBLE NUNS DÍAS
- DESCOBREN UN BURATO NEGRO
- PEDRA-CEBRA ATOPADA EN MARTE
- GALAXIAS MORTAS, NEBULOSAS E ANEIS
- DESCOBREN UN PLANETA IGUAL Á TERRA
- MANUALIDADES INFANTILES SOBRE O UNIVERSO
- PRESENTACIÓN DE GENIALLY SOBRE O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR
- DESCUBREN A ORIXE DAS BURBULLAS XIGANTES
- O TELESCOPIO WEBB DESCOBRE DIÓXIDO DE CARBONO EN CARONTE
- EUCLID DESVELA O PRIMEIRO FRAGMENTO DO SEU MAPA DO UNIVERSO
- O SOL ALCANZOU A SÚA FASE MÁXIMA NESTE CICLO
- O UNIVERSO NON SE FORMOU COMO PENSABAMOS
- IMAXES NUNCA VISTAS DO SOL
- IMAXE NUNCA VISTA DUNHA ESTRELA FÓRA DA VÍA LÁCTEA
- OS CIENTÍFICOS CAPTAN UNHA ESTRELA FÓRA DA NOSA GALAXIA
- PISTAS SOBRE A FORMACIÓN DO SISTEMA SOLAR
- RECREACIÓN DE COMO SERÍA CAER NUN FURADO NEGRO
- RESTOS DA ACCIÓN HUMANA EN MARTE
- UNHA GALAXIA COMO A VÍA LÁCTEA
- PABLO ÁLVAREZ, ASTRONAUTA ESPAÑOL, ESPERA PODER VOLAR Á ESTACIÓN ESPACIAL ANTES DO 2030
- DETECTAN A PRIMEIRA ESTRELA BINARIA PRETO DUN FURADO NEGRO
- OS RESTOS DE PLANETAS PERDIDOS PODEN ESTUDARSE EN ESTRELLAS MORTAS
- A NAVE PARKER SOLAR SOBREVIVE AO MÁXIMO ACHEGAMENTO AO SOL
- OS AMBICIOSOS PLANS DE CHINA E EEUU PARA REVOLUCIONAR A EXPLORACIÓN ESPACIAL
- ADEUS AO SISTEMA SOLAR COMO O COÑECEMOS
- NOVOS DATOS SOBRE UN DOS OBXECTOS MÁIS BRILLANTES DO UNIVERSO
- A NASA DETECTA SETE NOVOS OBXECTOS ESPACIAIS ANÓMALOS
- HUMANOS EN MARTE?
- A ASTRONAUTA SARA GARCÍA PUBLICA O LIBRO "ÓRBITAS".
- DECOBREN UN EXOPLANETA QUE SERÍA "HABITABLE" SÓ POR TEMPADAS.
- EL TELESCOPIO ESPACIAL EUCLID ENCUENTRA UN ANILLO DE EINSTEIN.
- LA NASA REALIZA PRUEBAS PARA VIAJAR A MARTE CON COHETES NUCLEARES.
- EL TELESCOPIO ESPACIAL HUBBLE DESCUBRE UNA ASOMBROSA GALAXIA CON NUEVE ANILLOS.
- LOS DESCUBRIMIENTOS DEL PRIMER ESCÁNER EN 3D DE UN EXOPLANETA
- DESCOBREN UNHA "SUPERTERRA" NA ZONA HABITABLE DUNHA ESTRELA PRÓXIMA AO SOL.
- DEMOSTRAN QUE O UNIVERSO ESTÁ DENTRO DUN FURADO NEGRO
- AS IMAXES DE JAMES WEBB QUE PODRÍAN AXUDARNOS A ATOPAR UN NOVO FOGAR
- VOLVEN Á CASA OS ASTRONAUTAS "VARADOS" NO ESPAZO.
- PODEMOS SABER EN QUE LUGAR DO UNIVERSO ACTUAL OCURRIU O "BIG BANG" ?
- CANTO TEMPO LLE QUEDA AO UNIVERSO?
- O JAMES WEBB MIRA A XÚPITER E DESCOBRE QUE ALGO OCORRE
- INFORMACIÓN E XOGOS PARA INFANTIL
Vídeos sobre universo
Tedes curiosidade sobre o universo e todo o que abrangue? Pois nesta entrada e na súa pestana correspondente iremos engadindo máis e máis información con vídeos do voso interese.
3 oct 2024
Xogos do universo
- WEB DA ESA (European Space Agency).
- XOGOS DO SISTEMA SOLAR
- XOGO DE MEMORIA DOS PLANETAS