A semana pasada inauguramos o Club de lectura entre o profesorado. Está formado por 15 mestras e mestres do CEIP de Arteixo e contamos coa colaboración da biblioteca Henrique Rabuñal de Arteixo.
Leremos un libro cada trimestre e realizaremos ao final do mesmo unha posta en común na tarde dos luns. Para comezar o trimestre escollemos unha novela de suspense e misterio en castelán: "El libro negro de las horas" de Eva Gª Sáez de Urturi.
As lecturas serán variadas en canto a temática e a xéneros literarios.
Ademais, procuraremos facer unha reunión anual cos membros do club de lectura do CEIP de Galán, a EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís-Oseiro.
Desexamos que desfrutedes moito coa lectura e a conversa posterior!