Un ano máis Pelusiño ensina, sobre todo aos máis pequenos, como é a nosa biblio. Aprenderán como están clasificados os exemplares en función das diferentes etapas educativas (azul, vermella, verde e amarela) ou libros de consulta (etiqueta branca)... Tamén aprenderemos como están ordeados. Os de etiqueta azul (infantil) agrúpanse en diferentes cestas que teñen un número asignado en función da temática que abordan (animais, números e conceptos, conmemoracións, música, emocións, fantasía... No caso dos da etapa de primaria deberemos fixarnos na cor, e na inicial do apelido do autor/a para saber en que letra colocalo.
Aproveitamos que esta semana é o día das bibliotecas escolares para coñecer máis a nosa biblio polo miúdo.