10 nov 2025

Comezan as xuntanzas do 1º Club de Lectura do cole.

 Este ano inauguramos o primeiro Club de Lectura do centro. Participan 8 nenos e nenas de 6º, moi ilusionados e motivados por desfrutar da lectura.

O libro  escollid foi "Formigas. misión Samaín", do autor Pere Tobaruela. Formigas refírese a unha brigada especial que vai a calquera parte do mundo a resolver enigmas e misión complexas. Nesta concretamente o protagonista é un escaravello branco a Santa Compaña e máis... terás que lelo para saber máis.

O alumnado participante recibiu o exemplar para ler, un caderniño e un rotulador para anotacións e un punto de lectura.  A acollida dos membros foi moi boa. Agardamos que esta só sexa a semente que anime a moitos outros a participar en vindeiras edicións.



A xunta concedeunos oficialmente a participación no programa Clubs de Lectura. Esta concesión vai acompañada dunha dotación económica coa que contribuiremos ao mellor funcionamento deste Club. Parabéns ao Equipo de Biblioteca e especialmente á mestra que coordina todo este traballo.

Mochilas viaxeiras

Un ano máis, en Outubro,  puxemos en funcionamento as "mochilas viaxeiras". Dous libros (un en castelán e outro en galego) e un xogo para desfrutar en familia do xogo e da lectura. Despois cada familia anota nun caderno a súa experiencia co xogo, o libro que máis lles gustou, engade fotos do momento...

Grazas ao profesorado por participar e ás familias e pequenos/as por colaborarnesta actividade de animación á lectura..