Este ano inauguramos o primeiro Club de Lectura do centro. Participan 8 nenos e nenas de 6º, moi ilusionados e motivados por desfrutar da lectura.
O libro escollid foi "Formigas. misión Samaín", do autor Pere Tobaruela. Formigas refírese a unha brigada especial que vai a calquera parte do mundo a resolver enigmas e misión complexas. Nesta concretamente o protagonista é un escaravello branco a Santa Compaña e máis... terás que lelo para saber máis.
O alumnado participante recibiu o exemplar para ler, un caderniño e un rotulador para anotacións e un punto de lectura. A acollida dos membros foi moi boa. Agardamos que esta só sexa a semente que anime a moitos outros a participar en vindeiras edicións.A xunta concedeunos oficialmente a participación no programa Clubs de Lectura. Esta concesión vai acompañada dunha dotación económica coa que contribuiremos ao mellor funcionamento deste Club. Parabéns ao Equipo de Biblioteca e especialmente á mestra que coordina todo este traballo.

