Como o Proxecto Anual de Centro versa sobre o espazo, o alumnado voluntario da biblioteca elabora cada día o calendario científico. Así, informa ao resto do alumnado e ao profesorado das e dos científicos máis relevantes da nosa historia e das súas aportacións. Grazas polo voso traballo!
31 mar 2025
28 mar 2025
Novidades da semana!
26 mar 2025
Semana da Prensa 2025
A segunda semana deste mes de marzo conmemoramos a Semana da Prensa. Este ano como o noso Proxecto Anual de Centro versa sobre o espazo, decidimos centrar o traballo do texto xornalístico en algunha das mulleres científicas vinculadas a este eido.
Compartimos aquí algúns dos resultados:
Educación infantil
16 mar 2025
8 de Marzo 2025
Este ano, coma sempre, invitamos ao alumnado e ao profesorado a consultar a bibliografía sobre o Día Internacional da Muller.
Unha das actividades propostas ao alumnado polo Día Internacional da Muller foi buscar mulleres significativas en diferentes ámbitos para completar o "Abecedario da muller" ubicado na entrada da biblioteca. Hai unhas tarxetas dispoñibles para completar coa información da elexida.
6 mar 2025
Día de Rosalía
Aproveitando que o Proxecto Anual de Centro versa sobre o universo, e coincidindo co Día de Rosalía, a profe Nuria (membro da agrupación Ío) acláranos a falta de precisión de algunhas novas que xurdiron nos medios de comunicación sobre a alineación dos planetas.
Como sabedes existe unha estrela nomeada como Rosalíadecastro, é unha anana semellante ao noso Sol. Situada a 240 anos luz de nós na constelación de Ofiúco.
O alumnado de primaria desfrutou moito das súas explicacións. Moitas grazas Nuria!