Este ano, coma sempre, invitamos ao alumnado e ao profesorado a consultar a bibliografía sobre o Día Internacional da Muller.
Unha das actividades propostas ao alumnado polo Día Internacional da Muller foi buscar mulleres significativas en diferentes ámbitos para completar o "Abecedario da muller" ubicado na entrada da biblioteca. Hai unhas tarxetas dispoñibles para completar coa información da elexida.