Aproveitando que o Proxecto Anual de Centro versa sobre o universo, e coincidindo co Día de Rosalía, a profe Nuria (membro da agrupación Ío) acláranos a falta de precisión de algunhas novas que xurdiron nos medios de comunicación sobre a alineación dos planetas.
Como sabedes existe unha estrela nomeada como Rosalíadecastro, é unha anana semellante ao noso Sol. Situada a 240 anos luz de nós na constelación de Ofiúco.
O alumnado de primaria desfrutou moito das súas explicacións. Moitas grazas Nuria!