Este ano o alumnado directamente recomenda, mediante un podcast, as lecturas que máis lle gustan. Coñecíades todos os títulos? Boas ideas para ler durante as vacacións de Nadal. A desfrutar!
17 dic 2025
1 dic 2025
Club de lectura "Roedores de libros"
Como ben sabedes, este curso contamos cun club de lectura que está sendo todo un éxito. Primeiro anotáronse 8 alumnos/as e agora xa son 15. Non está nada mal para comezar!
Na última xuntanza, reflexionaron e debateron sobre o libro e fixeron a súa valoración pegando un emoticono no mural de rexistro. Despois, distribuíron as personaxes da historia entre os membros do club para preparar unha actividade que desvelaremos máis adiante.
24 nov 2025
25 N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contras as Mulleres
Este día conmemórase anualmente para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas efectivas que contribúan á súa erradicación.
Esta convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981.
O equipo de biblioteca do centro realizou unha selección de exemplares que poden ser de utilidade estos días para a súa abordaxe nas aulas.
12 nov 2025
10 nov 2025
Comezan as xuntanzas do 1º Club de Lectura do cole.
Este ano inauguramos o primeiro Club de Lectura do centro. Participan 8 nenos e nenas de 6º, moi ilusionados e motivados por desfrutar da lectura.
O libro escollid foi "Formigas. misión Samaín", do autor Pere Tobaruela. Formigas refírese a unha brigada especial que vai a calquera parte do mundo a resolver enigmas e misión complexas. Nesta concretamente o protagonista é un escaravello branco a Santa Compaña e máis... terás que lelo para saber máis.
O alumnado participante recibiu o exemplar para ler, un caderniño e un rotulador para anotacións e un punto de lectura. A acollida dos membros foi moi boa. Agardamos que esta só sexa a semente que anime a moitos outros a participar en vindeiras edicións.Mochilas viaxeiras
Un ano máis, en Outubro, puxemos en funcionamento as "mochilas viaxeiras". Dous libros (un en castelán e outro en galego) e un xogo para desfrutar en familia do xogo e da lectura. Despois cada familia anota nun caderno a súa experiencia co xogo, o libro que máis lles gustou, engade fotos do momento...
Grazas ao profesorado por participar e ás familias e pequenos/as por colaborarnesta actividade de animación á lectura..
27 oct 2025
Sementando historias
"Entre todos e todas sementamos historias que unen o pasado co futuro, a terra coa palabra e a escola co mundo. Cando sementamos palabras nacen contos. Cando regamos lectura, medran soños, e cando compartimos historias florece a imaxinación.
As historias, as lendas e os contos tamén se sementan: cóntanse, léense coidanse... e medran coma as plantas".








