15 may 2025

Novidades para o Día das Letras Galegas

Como ben sabedes,  o vindeiro 17 de maio, celebraremos o día dedicado ás Letras Galegas. Este ano as protagonistas son as mellores transmisoras da poesía popular galega, as cantareiras. 

Nós celebrarémolo o 16 de maio co festival  que realizamos todos os anos: Arteixovisión (organizado polo EDLG). Nesta edición, o alumnado de cada aula escolleu unha canción tradicional que interpretará e/ou bailará para o resto de compañeiros e compañeiras do colexio. Toda un festa!

A nosa biblioteca tamén preparou unha selección de novidades adicada a este data tan especial para a nosa lingua e cultura. Animádevos a consultala!