19 oct 2026

Día da Escritoras 2026

 O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE), o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e o Instituto das Mulleres. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares  presenta unha escolma de textos de formatos e autoras diversas que trataron as alianzas femininas desde distintas perspectivas, desde a amizade íntima ás redes de apoio e creación colectiva. Na escolma ten un lugar destacado Begoña Caamaño, non só como figura á que neste 2026 se lle dedican as Letras Galegas senón tamén porque ela, como autora e co seu compromiso persoal, foi casa e amiga, referente e tecido matricial das súas amigas, das amigas das amigas e das amigas que están por vir.


ESCOLMA DE TEXTOS EN GALEGO

TEXTOS DA XI EDICIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS