24 oct 2025

Día das Bibliotecas Escolares

Dende o ano 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola "Asosación de amigos del Libro Infantil y Juvenil" á que se foron sumando, xa hai algún tempo, o propio Ministerio de cultura e todas as administracións autonómicas.

A dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura impulsa a celebración do Día das Bibliotecas Escolares.

O lema deste ano, "Contra a desinformación, bibliotecas" pretende subliñar o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas (públicas, escolares, especializadas, universitarias, nacionais e rexionais) na loita contra a desinformación.

As bibliotecas escolares galegas amósanse como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. 

 
 Cartel Día das Bibliotecas 2025