27 oct 2025

Sementando historias

O noso Proxecto Anual de Centro xira arredor do Ano Internacional da Muller Agricultora. Así que Pelusiño propúxonos o venres que lle axudásemos na procura de información.

Cada aula do centro recibiu unha pista que nos levaba a un sobre agochado polos diferentes espazos do colexio. Unha vez atopado, comprobamos que dentro había unhas sementes e o título dun libro. Agora tocaba atopar o exemplar. Dentro deste había unha palabra ou unha peza dun quebracabezas (en función da etapa educativa). Entre todas as palabras formamos varias frases e coas pezas a imaxe de Pelusiño.
E, por suposto, plantamos as sementes. A aventura xa comezou...
 
Podedes ver nas imaxes que a proposta resultou todo un éxito. 
Grazas a todas e todos pola vosa participación!



 
 
 
 
 
 














"Entre todos e todas sementamos historias que unen o pasado co futuro, a terra coa palabra e a escola co mundo. Cando sementamos palabras nacen contos. Cando regamos lectura, medran soños, e cando compartimos historias florece a imaxinación.

As historias, as lendas e os contos tamén se sementan: cóntanse, léense coidanse... e medran coma as plantas".